+34 690 11 24 42
fnd5

SURFINGALICIA TOURS & TRIPS nace co propósito de dar a coñecer un dos segredos de Galicia, o formidable e rudo océano Atlántico e toda a súa natureza envolvente, dando a posibilidade dunha experiencia inesquecible para todos aqueles que busquen un surf diferente.

Surfear as ondas do Atlántico en estado puro, cunha natureza exuberante, paisaxes do azul e do verde, mar e silencio, ondas e praias salvaxes, as máis occidentais do continente europeo coas  súas prolongadas postas de sol.

Grazas a particular situación xeográfica e con 1.498 km de costa e coa presenza intercalada de  rías de augas tranquilas e protexidas en combinación cos abruptos acantilados en diferentes orientacións expostos o goberno do clima Atlántico permite a aparición de centos de areais con cadansúa tipoloxía de ondas, fai posible surfear prácticamente todo o ano.

SURFINGALICIA achégate a un pobo cunha cultura moi arraigada o mar, xeracións de mariñeiros que navegaron e navegan por tódolos mares do mundo, historia viva da navegación tradicional e moderna. Nas nosas viaxes terás a oportunidade de coñecer de forma directa os oficios tradicionais de pesca e marisqueo. Fascinante resulta ver como os percebeiros burlan ondas que rompen contra os acantilados, ou os buzos que se mergullan ate 20 metros a pulmón para seleccionar os caprichosos moluscos ou as embarcacións con nasas para o polbo e os mariscos.

SURFINGALICIA defende íntegramente un modelo de surf totalmente ecolóxico e sostible, comprometido coa natureza, na gran maioría das praias onde é posible a práctica do surf en Galicia están protexidas mediante diferentes figuras dos espazos naturais, Parques Naturais, Lugares de Interese Comunitario, Zonas de Especial Protección para as Aves ou Humidais de Protección Internacional.

Dende SURFINGALICIA queremos e impulsaremos unha práctica de surf para o gozo en plena natureza pero co máximo nivel de compromiso e respecto.

SURFINGALICIA ofrece viaxes de surf feitos a medida e con atención personalizada durante todo o transcurso da viaxe. Poñemos a súa enteira disposición tódolos recursos necesarios e recomendacións para visitar a costa de Galicia e gozar o máximo das súas ondas, súas praias, súas xentes, súas tradicións, súa cultura e a súa gastronomía.

Múltiples posibilidades e lugares a escoller en función das mellores ondas co propósito de as praias galegas conquisten a súa paixón.