+34 690 11 24 42

Dende a primavera e ata o outono e coa posta de sol máis tardía na Europa continental ofrece os baños que máis nos gustan. Praias con picos largos e manobrables para calquera nivel de surf ata o máis experimentado que esixa picos máis rápidos con seccións tubeiras. No inverno cos fortes swells a natureza brinda un espectáculo único, as big waves. Só para uns poucos.

Costa de gran beleza onde o océano Atlántico rompe sen cesar. Praias case salvaxes e as máis occidentais de Europa inmersas en espazos naturais protexidos pola Rede Natura 2000. Aldeas e pobos onde se respira un profundo ambiente a unha tradición mariñeira da Galicia máis tradicional.

De especial interese é contemplar como os percebeiros extraen tan apreciado crustáceo xogándose a vida baixando polos cantís con cordas ou por pequenas embarcacións para acceder as rochas que emerxen coas mareas onde se encontran os mellores percebes.

Fisterra

Semana ou Fin de Semana

PACK FISTERRA

3 DÍAS (Fin de Semana) / 7 DÍAS (Semana)
Dende 190€
Book Now!