+34 690 11 24 42

RESERVA E PAGO

  • ¿Como podo reservar a miña viaxe de surf?

    Podes facela petición de reserva a través da web. Despois de recibir a nosa confirmación e dispoñibilidade, recibirás un link no que completarás cos teus datos persoais, data de chegada, nivel de surf, etc. Atoparás tamén alí a información sobre o procedemento de pago. Para confirmala reserva debes realizar un porcentaxe do pago coma depósito de garantía antes da chegada.
  • ¿Quen se ocupa da miña reserva?

    Tódalas peticións, preguntas e dúbidas serán contestadas pola axencia de viaxes “Surfingalicia Tours & Trips” . Tódalas ofertas deste website serán operadas a través de dita axencia.
  • ¿Con cantos días de antelación recoméndase face-la reserva?

    Normalmente a tempada alta soen selos meses de Xullo e Agosto. Asegúrate de face-la reserva coa suficiente antelación.
  • ¿É posible cambialas datas unha vez reservada?

    Normalmente tratamos de ser o máis flexibles posibles aínda que a reserva está suxeita a dispoñibilidade dos aloxamentos ofertados. Dependendo da tempada do ano, soe ser máis complicado e non sempre é posible. Aínda así, buscaremos un aloxamento de características similares e na mesma zona para que goces o máximo da túa estancia con Surfingalicia Tours & Trips.
  • ¿Que sucede si quero cancelar a reserva?

    En primeiro lugar, lamentamos oir iso pero si necesitas cancelar antes da saída, estas serían as políticas de cancelación: consistente en o 5% do importe total da viaxe, si a cancelación prodúcese con máis de dez e menos de quince días; o 15% entre os días tres e dez; e o 25% dentro das cuanrenta e oito horas anteriores a saída. De non se presentar a saída, o consumidor e usuario está na obriga o pago do importe total da viaxe, abonando, neste caso, as cantidades pendentes salvo acordo entre as partes noutro sentido.

DÚBIDAS BÁSICAS

  • ¿Por que elexir Surfingalicia Tours & Trips?

    Surfingalicia Tours & Trips ofrece viaxes de surf feitos a medida e con atención personalizada durante todo o transcurso da viaxe. Poñemos a súa enteira disposición tódolos recursos necesarios e recomendacións para visitar a costa de Galicia e gozar o máximo das súas ondas, as súas praias, as súas xentes, as súas tradicións, a súa cultura e a súa gastronomía. Múltiples posibilidades e lugares a escoller en función das mellores ondas co propósito de que as praias galegas conquisten súa paixón.
  • ¿Hai unha idade mínima para participar?

    Hai que ser maior de idade e estar en condicións físicas óptimas sen ningún tipo de enfermidade.
  • ¿Que actividades poden realizarse?

    Surfingalicia Tours & Trips non é solo surf, Surfingalicia Tour & Trips achégate a un pobo cunha cultura moi arraigado o mar. Nas nosas viaxes terás a oportunidade de coñecer de forma directa os oficios tradicionais de pesca e marisqueo. Tamén poderás gozar doutras modalidades acuáticas, rutas en paddle surf, kite surf, windsurf ou bodyboard. Surfingalicia Tours & Trips propón rutas de sendeirismo, trail running ou BTT por incribles acantilados que se mergullan no Océano Atlántico. Surfingalicia Tours & Trips tamén ofrece visitas as nosas illas, a bodegas e viñedos das Rías Baixas...
  • ¿É posible realizar un surftrip se non o reservei?

    Claro que si. Comunícao con 24 horas de antelación e Surfingalicia Tours & Trips levarate o lugar que decidas ou que te deixes aconsellar para gozar dun fantástico e inesquecible surftrip por Galicia.
  • ¿Que día da semana teño que chegar e saír?

    As viaxes organízalas o teu gusto. Dinos a datas e reserva o billete de transporte a Galicia pola túa conta, o resto encárgase Surfingalicia Tours & Trips. Podes chegar e saír calquera día da semana. Non hai data de entrada e saída.
  • ¿Podo reservar clases de surf durante unha semana e aloxarme máis días?

    Surfingalicia Tours & Trips ofrece viaxes de surf feitos a medida. Tan solo dinos o que queres que o organizamos por ti.
  • ¿É posible reservar solo aloxamento?

    Sí, por suposto. Podes reservar solo aloxamento. En Surfingalicia Tours & Trips podemos asesorarte de actividades alternativas o surf.
  • ¿Podo reservar clases de surf sen estar aloxado con vós?

    Por suposto que podes. Surfingalicia Tours & Trips levarate en grupos mínimos de 4 persoas e máximo de 8, clases de surf ou surftrips. Pregúntanos.
  • ¿Podo reservar aloxamento con clases de surf e meu amig@ ou parella só aloxamento?

    Sí, é posible. Esta é unha opción bastante común, contáctanos no formulario e darémosche as tarifas de prezos para o surfista e o/a acompañante.
  • Estou gozando enormemente da miña estancia aquí ¿Podo estender a miña estancia?

    A reserva está suxeita a dispoñibilidade dos aloxamentos ofertados. Dependendo da tempada do ano, pode ser máis complicado e non sempre é posible. Aínda así, buscaremos un aloxamento de características similares e na mesma zona para que goces o máximo da túa estancia con Surfingalicia Tours & Trips.

SURF

  • ¿Cal é a diferencia entre clases de surf e surftrips?

    As clases de surf son para xente que desexe iniciarse no surf ata un nivel no que os surfista poida deslizarse por si só nunha parede. Os surftrips son para niveis intermedios ou avanzados, surfistas con certa experiencia e coñecementos que queiran surfear libremente acompañados por un monitor-guía. En Surfingalicia Tours & Trips elixiremos sempre a mellor opción acorde o teu nivel.
  • ¿Ofrecedes tamén clases privadas de surf?

    Si. As clases privadas realízanse para dúas persoas. Consulta a dispoñibilidade.
  • Nunca surfei anteriormente. ¿Pasa algo?

    ¡Ningún problema! Nosos instrutores son os mellores nesas circunstancias, con ampla experiencia e coñecementos guiarémoste dende o primeiro intre na túa evolución e aprendizaxe. Dados os nosos grupos reducidos, a progresión é sempre máis rápida. Seis surfistas por un profesor é un ratio moi bo. Sempre tratamos de estar totalmente pendentes durante as clases do que ocorre cos alumnos. Corrixir en todo momento e axudar a continuar evolucionando son nosas premisas, non nos verás de brazos cruzados na beira.
  • ¿Podo traer a miña propia táboa de surf?

    Dende logo que si, aínda que si prefires aforrar o envío consúltanos porque igual temos a túa táboa a un custo menor co envío.
  • ¿Que grosor debe ter o neopreno?

    A temperatura da auga varía moito o longo do ano. Os meses de Decembro a Febreiro pode chegar os 11º-12º, recomendamos traxes 4/3 selado ou 5/4/3 si es frioleir@. Na primavera a temperatura sube uns graos a 14º-16º e cun traxe 4/3 selado e uns escarpíns si es frioleir@ non pasarás frío. No verán a temperatura media é de 18º-20º e cun traxe 3/2 largo ou corto podes practicar surf sen problema.
  • ¿Cal é a mellor tempada para surfear en Galicia?

    Durante todo o ano. Debido a particular xeografía e os seus 1.498 km de costa coa presencia intercalada de rías de augas tranquilas e protexidas en combinación cos abruptos acantilados en diferentes orientacións expostos o goberno do clima Atlántico permite a aparición de centos de areais con a súa particular tipoloxía de ondas, fai que sexa posible surfear prácticamente todo o ano.
  • ¿Podo usar o material de surf despois das clases de iniciación?

    Si crees que as clases non te van a chegar, faino-lo saber para ter reservada a túa táboa todo o día e así a túa progresión sexa máis rápida.

SURF TRIP

  • ¿Que nivel se necesita para poder facer un surftrip guiado?

    O nivel mínimo MEDIO, é dicir, ter certa experiencia e ler perfectamente as correntes, colocación no pico, ter boa remada, remontar polo lugar axeitado, facelos patos sen problemas, saír da onda e demais habilidades básicas. O primeiro día na praia comprobaremos o nivel real para adaptar o grupo as condicións do mar.
  • ¿Como son as ondas que vamos surfear?

    Dependendo do que busques, Galicia ofrece todo tipo de rompentes, ondas tendidas con máis ou menos forza e largas, manobrables, ondas máis verticais con forza e formando tubo. O noso equipo de profesores coñece a costa a perfección e guiarate a onda que andas a procurar no mellor momento da marea.
  • ¿É necesario traer botas de neopreno para surfear?

    Nos meses de inverno a temperatura pode alcanzar os 11º-12º. Si es frioleir@ faranche falta.
  • ¿É posible realizar unha reportaxe fotográfica do surftrip?

    Claro que si, aínda que está suxeito a dispoñibilidade. Enche no formulario Surfingalicia Tours & Trips a opción de reportaxe fotográfica e informarémoste da dispoñibilidade.

CLASES DE SURF

  • ¿Onde se imparten as clases de surf?

    En areais onde as condicións son as óptimas para iniciarte sen ningún problema.
  • ¿Vou a surfear cada día?

    Sí, claro. Se queres surfear máis aparte das clases de surf faino saber na reserva.
  • ¿Cantas horas estareis na auga?

    As clases de surf teñen unha duracíon de 2 horas. Inclúen o quencemento antes de entrar e os estiramentos o finalizar a sesión.
  • ¿Que vou aprender na primeira clase?

    Si é a primeira vez que surfeas aprenderás un montón de cousas no primeiro día: coñecemento básico sobre a táboa de surf e partes, como posicionarse na táboa, como remar de forma máis efectiva, como controlar a táboa, como protexerte nas caídas, como e cando poñerte de pé, regras de seguridade na auga.
  • ¿Cantos surfistas comparten a clase comigo e cantos instrutores de surf hai?

    Temos un ratio máximo de 6 surfistas por cada instrutor de surf. De media temos a 5 surfistas por cada curso aproximadamente. Dependendo do teu nivel de surf o profesor estará na area controlándote e corrixíndote ou ben, se o teu nivel xa non é de principiante entrará na auga a surfear contigo.
  • ¿Que necesito levar as clases de surf?

    Normalmente non necesitas levar nada porque na escola encontrarás todo o material dispoñible, non tes a necesidade de cargar con nada. De todas formas recomendamos sempre levar unha toalla, crema solar e auga. Se levas obxectos persoais podes deixalos na escola nunha das taqueiras. A escola queda pechada unha vez se realice a clase na praia así que os teus obxectos persoais quedarán ben gardados.
  • ¿Que idioma se fala durante as clases de surf?

    Todo o noso equipo fala galego, español e inglés.
  • ¿Podo usar o material de surf despois das clases?

    Despois das clases o material devolverase a escola. Se queres dispoñer do material comunícanolo na reserva.
  • ¿Que sucede si a clase se cancela por malas condicións do mar?

    Raramente sucede en Galicia. De todas formas se as condicións son malas nun día concreto planearase unha alternativa. O diñeiro non vai ser reembolsado en ningún caso podendo elixir outro día como substitución das clases.

¿COMO CHEGAR?