+34 690 11 24 42

Política Medioambiental

Tódalas actividades propostas por SURFINGALICIA están deseñadas co máximo compromiso na protección co medio ambiente. Propoñemos unha practica do surf que tamén repara no patrimonio e valores do entorno que visitamos cos nosos clientes, divulgando a mensaxe da importancia de sumar, entre todos, xestos que colaboran na protección dos mares do mundo, dos seus océanos, das súas especies e ecosistemas.

A maioría das praias onde é posible a práctica do surf na Galicia están protexidas mediante diferentes figuras de espazos naturais, dende Parques Naturais, Lugares de Interese Comunitario, Zonas de Especial Protección para as Aves, ou Humidais de protección Internacional.

As actividades realizaranse evitando repercusións negativas sobre o medio natural, respectando as normativas aplicables a cada categoría de protección e cumprindo coas esixencias, de resultar necesarias, de permisos e autorizacións.

A estratexia de compromiso de SURFINGALICIA no deseño e execución das súas actividades elabórase a partir das seguintes premisas:

  1. probación dun “Manual de Compromiso de Boas Prácticas Ambientais” que se entrega en tódolos packs que realice SURFINGALICIA.
  2. Acompañar tódalas nosas actividades dunha campaña permanente de “divulgación da importancia da conservación dos océanos, da súa biodiversidade, e dos espazos protexidos do litoral galego”.
  3. Peto Verde: Compromiso de destinar donativos da acción o PETO VERDE DE SURFINGALICIA coma aportación a entidades conservacionistas que traballan na defensa dos mares e da súa biodiversidade.
  4. Valoración ambiental dos paquetes turísticos a ofertar: Especialistas en materia de medio ambiente revisarán os nosos paquetes conforme se axustan á política de compromiso ambiental de SURFINGALICIA. Na valoración prestarase atención ao cumprimento de:
    • No desenvolvemento das nosas actividades terase en conta a lexislación aplicable en relación co uso dos espazos naturais protexidos de Galicia, Lei 9/2001, de 21 de agosto, de conservación da natureza, que establece distintas categorías de protección
      1. Reservas Naturais
      2. Parques Nacionais
      3. Parques Naturais
      4. Monumentos Naturais
      5. Humidais protexidos
      6. Paisaxe protexidos
      7. Zonas de especial protección dos valores naturais (Rede Natura)
    • Os distintos plans de conservación de especies ameazadas presentes no litoral, poñendo especial atención na píllara das dunas.
    • Adaptar a política ambiental da empresa, e a confección dos seus paquetes as medidas de conservación que se aproben para os espazos da Rede Natura 2000 de Galicia onde se pode practicar surf. En atención a:
      • Conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
    • Compromiso de SURFINGALICIA en divulgar accións nas súas redes sociais de sensibilización fronte ao cambio climático e a protección dos océanos.
    • Elaboración e colaboración en campañas e actividades de divulgación ambiental dos valores do litoral, con especial atención a:
      • residuos e plásticos nos océanos.
      • conservación e fraxilidade dos sistemas dunares e de flora ameazada de praias e dunas.
      • conservación e divulgación dos cetáceos.

hucha-verde

Peto Verde

  • O Peto Verde e unha iniciativa que destina as doazóns aportadas a campañas que beneficien a conservación dos mares.
  • Beneficia a tódolos ecosistemas do litoral galego e as epecies mairiñas. Benefícianos a todos.
  • Realizando unha doazón no Peto Verde. Na nosa web, poderás coñecer en detalle en que destinamos o recaudado no Peto Verde.

Fai unha doazón

O aporte individual permítenos elaborar e colaborar en campañas, actividades e divulgación para a preservación e mellora medioambiental do noso litoral.

As Doazóns estarán activas axiña, Desculpen as molestias.

Compromiso de Boas Prácticas Ambientais

Campaña permanente de divulgación

Peto Verde

Valoración ambiental dos paquetes turísticos

ARRIBA