+34 690 11 24 42

Rías Baixas

Cidade Vella de Pontevedra

Visita guiada a Pontevedra, capital histórica e monumental. O casco antigo é o segundo máis importante de Galicia tras o de Santiago. Nos últimos anos a cidade recibiu distincións internacionais polo concepto preferente de accesibilidade e mobilidade a pé. O seu mercado tradicional destaca polo bulicio e a gran actividade comercial e considerado un dos mellores de todo o país pola diversidade e abundancia dos seus peixes e mariscos.

Visita conxunto histórico de Combarro

O casco antigo é un pobo museo, conformado por un conxunto histórico, artístico e pintoresco, na que é a mellor representación da esencia da arquitectura popular ribeirán galega cos seus famosos hórreos e casas mariñeiras.

Costa da Vela e xacemento arqueolóxico do Monte do Facho

Os cantís deste treito costeiro ofrecen ao visitante unha vista inesquecible sobre as Illas Cíes e o estreito do Cabo Home. A subida ao Monte Facho garda no seu alto a sorpresa de agochar un dos xacementos celtas máis espectaculares de Galicia, un poboado castrexo de Beróbriga cunha cincuenta construcións circulares, e o seu antigo faro de pedra romano (facho).

Espazo natural da Lanzada e Monte Siradella

O espazo ecolóxico de A Lanzada destaca por ser un dos principais humidais e área ornitolóxica do noroeste peninsular. As súas dunas e praia forman un istmo que ten a mellor vista dende o Monte Siradella. Sobre a praia existe un promontorio cun importante xacemento arqueolóxico do século II a.C, un castro que xogaría un relevante papel no intercambio comercial entre o mar Mediterráneo e o Atlántico, nun espazo posteriormente sacralizado na Idade Media cunha fermosa capela mariñeira ben conservada na actualidade.

Parque Nacional Illas Atlánticas

As Illas Atlánticas, conformado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e a illa de Cortegada, constitúen o único Parque Natural de Galicia, en recoñecemento polos seus fondos mariños e os seus bosques de algas, colonias de aves mariñas, que en conxunto forman unha importante reserva natural do Atlántico europeo. A praia de Rodas nas illas Cíes está considerada, segundo o diario The Guardian, coma unha das máis fermosas do mundo.

Ruta de marisqueo en O Grove, Aquarium e saídas en barco pola ría de Arousa

É O Grove un pobo de gran tradición mariñeira o abrigo da ría de Arousa, e con gran fama dos seus mariscos. As visitas acompañando as mariscadoras é unha das actividades que nos últimos anos goza de moito interese turístico. Outros atractivos que merecen a pena ser visitados é a Illa da Toxa, así como o Aquarium, é a primeira instalación de Galicia que reproduce a peculiaridade ecolóxica dos fondos mariños e a súa biodiversidade de flora e fauna. A navegación pola ría de Arousa proporciona unha experiencia nova na que existe a posibilidade de visitar bateas meixoeiras e con degustación, ou saídas específicas para a observación de aves e cetáceos na plataforma continental da costa de Galicia.

Visita guiada bodega D.O. Rias Baixas

Visita guiada a bodegas de viño incluídas na denominación de orixe Rías Baixas, a maior produtora de Galicia e de gran prestixio internacional, con caldos presentes en máis de 60 países, que combinan a perfección con peixes e mariscos.