+34 690 11 24 42

Costa da Morte

Cabo Roncudo e Barra do Anllóns

É o oficio de percebeiro un dos traballos mariñeiros máis perigosos da costa galega. E no caso do Roncudo, o percebe ten nome e fama propia. Dos seus cantís extráense os máis cotizados nos mercados. Neste cabo baten algunha das ondas máis grandes que se poden ver en Galicia, como A Tremosa, un espectáculo natural digno de observar para os amantes do surf, e varias veces motivo de reportaxe de “Big Waves”. Acompañan nesta visita outros destinos complementarios que enriquecen gratamente a percepción do viaxeiro, como é camiñar ata a frecha de area na desembocadura do río Anllóns e o seu Monte Branco, unha duna que se remonta pola ladeira do monte. A visita a vila mariñeira de Corme e o seus pequeno porto.

Cabo Touriñán e Muxía

O agreste Cabo Touriñan ademais de ofrecer unha paisaxe mariña que causa impresión, propicia ao visitante o privilexio de observar o último raio de sol da Europa continental, entre os días 21 de marzo e o 25 de abril e dende o 13 de agosto ata o 22 de setembro, debido a relación existente entre a súa posición xeográfica con respecto ao eixo de rotación da Terra. Na visita á vila mariñeira de Muxía un débese achegar a súa famosa Pedra de Abalar, nas proximidades do pequeno Santuario da Virxe da Barca, ou aos secadoiros de congros ou bacallau.

Dolmen de Dombate e Castro Borneiro

O túmulo funerario de Dombate está considerado como “a catedral” do megalitismo de Galicia. A súa estrutura conserva un corredor de catro metros de largo custodiado por grandes laxas. A cronoloxía fixa entre o 2.500 e o 3.000 a.C. Conta este monumento un edificio de protección en madeira e cristal que axuda o visitante a unha mellor visualización, así coma un centro de interpretación para unha mellor comprensión. A uns cinco kilómetros de distancia encóntrase o castro de Borneiro ( A Cidá), descuberto no ano 1924, un dos poucos castros que non foi romanizado. Estivo habitado entre os séculos IV e I a.C, e conta cunha acrópoles de 45 construcións, tamaño que o sitúa entre as “cidades celtas” máis importantes de Galicia.

Faro de Cabo Vilán e Cemiterio dos Ingleses

Un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte está presidido polo faro eléctrico máis antigo de España, de arquitectura recoñecida, acendéndose por vez primeira o 15 de Xaneiro de 1896. En recoñecemento da súa beleza natural foi declarado de Interese Paisaxístico Nacional no ano 1933. No seu interior dispón dunha sala de exposición coa maquinaria orixinal. A escasa distancia, na Punta do Boi, naufragou no ano 1890, a causa dun forte temporal, o navío da Mariña Real Británica HMS Serpent, con 172 marines afogados e 3 superviventes. Foron enterrados a pé da praia de modo improvisado, no hoxe coñecido como “Cemiterio dos Ingleses”. Situado nun espazo natural que impresiona, A Enseada do Trece, destaca a duna rampante que se eleva ata 150 metros, unha das máis alta de Europa.

Fisterra

Unha das visitas obrigadas a Galicia é sentarse e admirar dende os cantís “o fin da terra”, do Cabo Fisterra. Os romanos o vela posta do sol interminable atribuíronlle a este punto xeográfico dita condición. Hoxe ata o seu faro chegan miles de peregrinos que rematan a ruta xacobea do Camiño de Santiago. Destaca este cabo polas súas amplas vistas no horizonte en días despexados. Non se ve América, pero todo visitante que chega a este lugar xoga a situar as localizacións xeográficas do outro lado do Atlántico. A vila mariñeira de Fisterra, a subasta do peixe na lonxa, as praias e os seus sendeiros pola costa son lugares recomendables que se deben visitar.

Punta Nariga, Illas Sisargas, Marismas de Baldaio

O pequeno faro de Punta Nariga é un referente da arquitectura fareira moderna e o seu entorno mostra o agreste e rudo desta costa. Un pouco máis adiante encontrámonos cun dos miradores máis belos da Costa da Morte, o Cabo de Santo Adrián, o mellor lugar para contemplar un dos arquipélagos de maior importancia ornitolóxica da Península Ibérica. Un santuario de colonias de aves mariñas en perigo de extinción como o arao común, a gaivota tridáctila, gaivota escura ou o paíño europeo. As vistas proporcionan con frecuencia un mar embravecido co continuo golpear das ondas sobre os seus cantís. Son as Marismas de Baldaio outro atractivo da comarca, coas súas pasarelas que permiten pasear pola ribeira da lagoa, marismas, dunas e praia, tratándose dun importante espazo natural que alberga cantidade de aves invernantes, moitas incluso divagantes de norteamérica e do círculo polar ártico.

Traba de Laxe

A lagoa de Traba e súa solitaria praia conforman un espacio natural de gran beleza. Nela existe un sendeiro de pedra de dous kilómetros que sostivo o tránsito dos antigos carros de bois entre Mordomo e Camelle. Conserva a senda o encanto de antaño, sendo un dos únicos tramos da costa da Península Ibérica que, tendo un perfil suave e accesible, mantén a súa estructura agraria tradicional, e sen alterar por pista ou estrada, sin ser posible a circulación de vehículos, só reservado coma un privilexio para o camiñante.