+34 690 11 24 42

Costa Ártabra

Cabo Ortegal. Punta do Limo, Cariño e ría de Ortigueira e Ladrido

Espazo de interese internacional polos seus valores xeolóxicos, o faro de Cabo Ortegal, intricado no fondo dos impoñentes cantís que chegan ata Punta do Limo, é un mirador natural dende o cal gozar da presenza dos “Tres Aguillóns”, tres rochas ou farallóns de enorme tamaño que emerxen como illotes fronte o cabo, entre o Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. De camiño chegamos a Cariño que presenta o encanto dos pequenos pobos mariñeiros de Galicia. A ría de Ortigueira e Ladrido, un espazo natural de alto valor ecolóxico, completa a beleza paisaxística desta comarca.

Estaca de Bares

O Cabo de Estaca de Bares é o punto máis setentrional da Península Ibérica e separa as augas do Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Este Cabo é escenario dunha das máis fantásticas migracións da natureza, un dos puntos de maior tránsito de aves mariñas de Europa, polas que cruzan máis de dous millóns de aves entre o outono e primavera. O seu observatorio ornitolóxico chegan naturalistas e expertos en aves de toda Europa. Moi recomendable é a visita ao pequeno porto mariñeiro de O Barqueiro.

Fragas do Eume

O Parque Natural das Fragas do Eume alberga o “bosque atlántico” máis occidental de Europa, e representa unha das mellores manifestacións de este tipo de bosques, antaño abundantes e hoxe reducidos a vales solitarios. De alto valor ecolóxico e encanto, os sendeiros que discorren por dentro do Parque permiten gozar dun bosque con 23 especies de árbores, 41 de mamíferos e 103 de aves. Pero destaca sobre todo por presentar unha reliquia botánica de fentos tropicais que se conservaron coma “fósiles viventes” co paso de miles de anos. Un lugar para camiñar e relaxarse.

San Andrés de Teixido e mirador de Vixía de Herbeira

A lenda e misticismo que rodea este lugar convérteno nun dos centros de culto e peregrinación máis importantes de Galicia, e no que non o visitarao de vivo farao de morto, tal e como reza a tradición:”A Santo André de Teixido vai de morto o que non vai de vivo”. O pobo encóntrase colgando sobre os cantís, e nun intenso verde e azul predomina o paisaxe. Nas inmediacións encontramos os cantís máis altos de Europa, que chegan ata os 600 metros de altura, e que na cima do impoñente mirador de Vixía de Herbeira. A poucos kilómetros a vila de Cedeira, pobo de riqueza mariñeira, coa súa ría e mar declarada como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro.