+34 690 11 24 42

Corrubedo – Carnota

Fervenza do Ézaro

Próximo ao Monte Pindo, e as pequenas e fermosas vilas mariñeiras de Pindo e Ézaro encóntrase a Fervenza do Ézaro. Descorre moi encaixado entre paredes graníticas o río Xallas, que nunha espectacular fervenza desemboca sobre o mar cun salto de 50 metros de altura, único caso en Europa xunto aos fiordos noruegués. Nos últimos anos os accesos á parte alta do Ézaro son lugar frecuentado por amantes do ciclismo, e final de etapa de grandes probas ciclistas, por contar con rampas de ata o 30% de desnivel, das máis duras de Europa.

Castro de Baroña

Lugar de extraordinaria beleza e misticismo e orixe de innumerables ritos y lendas pagás. Sen dúbida algunha este lugar é un dos máis impresionantes xacementos arqueolóxicos dun poboado costeiro da Idade de Ferro. Situado ao longo dunha pequena península de Baroña presenta na súa entrada unha fortificación cun foxo e unha muralla que se aproveita do acantilado. No seu interior encóntranse ata 30 construcións. A posta de sol dende o propio castro resulta única.

Miradoiro do Monte Curota

O Alto da Curota elévase 618 metros sobre o nivel do mar, e está considerado coma un dos puntos de maior visibilidade das Rías Baixas e unha das mellores vistas da Galicia costeira, podendo observar todo a costa comprendida entre o Cabo Fisterra e o Monte de Santa Tecra.

Monte Pindo

Conxunto xeomorfolóxico e paisaxístico de incalculable e magnífico valor. Impresiona o ascenso a pe desta montaña, toda ela conformada por unha basta masa de macizo granítico que se levanta abruptamente ata os 627 metros, coma unha parede sobre a mesma liña costeira. O monte Pindo recibe o seu nome pola similitude co monte sagrado da Grecia clásica do mesmo nome, onde o folclore e as lendas galegas elévano á categoría do Olimpo Celta de Galicia. Este lugar é fonte de innumerables citas referentes a ritos e crenzas da mitoloxía pagá, destacando a perfecto aliñamento que existe entre o Cabo Fisterra, A Moa (o punto máis alto desta monte) e o centro do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.

Monte e Lagoa de Louro

Fermoso paisaxe costeiro entre á vila mariñeira de Muros e Carnota, nun treito do litoral que conta con amplos areais solitarios. A lagoa das Xarfas, os pés do Monte Louro, e un lugar de relevancia para aves invernantes procedentes de latitudes norteñas e boreais. Dende o pequeno faro ao pé do Monte Louro podemos observar unha magnifica vista da bocana da ría de Muros e Noia.

Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Dolmen de Axeitos

En Corrubedo está presente unha das dunas máis altas de Europa, acompañada de dunas, marismas y lagoas costeiras, e fermosa praia. No seu centro de interpretación podemos coñecer como a duna está sometida a cambios constantes e como varía o seu aspecto. O pobo e o faro de Corrubedo tamén son lugares a visitar. Obrigado e ver o túmulo funerario o Dolmen de Axeitos, magnífico xacemento arqueolóxico dun dos numerosos enterramentos megalíticos que existen en Galicia.

Rererva mariñeira de Lira

Na costa de Carnota e Lira atopámonos coa que é a primeira Reserva de Interese Pesqueiro da costa atlántica da península Ibérica. Foi creada por iniciativa da confraría de pescadores de Lira que apostou pola sostibilidade e as artes pesqueiras artesanais no contorno deste ecosistema mariño. O visitante terá a posibilidade de coñecer directamente as artes de pesca tradicional das que vive esta pequena frota pesqueira, participando das súas labores e, como non, degustando os seus “froitos do mar”.