+34 690 11 24 42

A Mariña Lucense

Castro Fazouro, Porto Pesqueiro Burela

O Castro Fazouro, a vista dos restos encontrados nas escavacións da década dos sesenta, está datado entre os séculos I e III d.C, e está situado no municipio de Foz sobre os cantís. O recinto está consolidado e restaurado en parte para a musealización o aire libre, sendo o único na costa cantábrica galega. A actividade pesqueira do porto de Burela destaca por ser un dos portos máis importantes do Cantábrico na descarga de bonito. Vale a pena percorrer as rúas, a lonxa e instalacións portuarias. Aconsellable tamén visitar o veciño Cervo.

Praia de As Catedrais

Considerada entre as 25 praias máis bonitas do mundo, As Catedrais, cunha lonxitude de 1.328 metros, é un museo xeolóxico e de paisaxe de obrigada visita. Catalogada coma Monumento Natural presenta area fina e enormes arcos de pedra, de ata 32 metros de altura, na que o mar e o tempo talaron nos seus cantís, formando bóvedas espectaculares que se poden observar na baixamar.

Rinlo, Illa Pancha e Ría de Ribadeo

Rinlo é un dos pobos mariñeiros máis bonitos de Galicia conservando toda a esencia e encanto. Durante varios séculos foi destacado porto de saída de expedicións baleeiras polo Mar Cantábrico. No ano 1905 construíronse escavadas nos cantís varias cetarias para a cría de mariscos que conforman hoxe un interesante conxunto etnográfico. Merece a pena pasear polo casco vello e porto de Ribadeo e camiñar, ao longo da desembocadura da ría, ata o seu faro de Illa Pancha, e gozar dunha paisaxe de gran beleza.